PACAMA é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmirse descobren un mundo de aventuras que lles distrae do soño. A súa predisposición e inxenuidade fan que atopen diversión no máis sinxelo, en todo aquilo que lles rodea, no marco dun ambiente tan acogedor como o é un dormitorio.
Un xogo leva a outro, desde unha pelota ata unhas almohadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrollándose e desenrollándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos títeres en forma de ollos que se bican.
Un espectáculo non verbal que se desenvolve coma se fose unha coreografía de danza seguindo o fío dunha banda sonora orixinal creada en función do movemento e as emocións dos personaxes.
A utilización de instrumentos de vento e a gaita irlandesa axudan a que a obra manteña un clima acogedor e de ensueño, onde a fantasía e a imaxinación son as claves para a acción.
RECOMENDADO A PARTIR DOS 6 MESES
DURACIÓN: 35 MINUTOS